Friday 10 de May de 2024

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado “O rueiro das liortas”, unha actividade de dinamización lingüística


O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 8 de outubro, ás 19:00 horas, o espectáculo “O rueiro das liortas”, unha actividade de dinamización lingüística dirixida a un público familiar. A asistencia é totalmente libre e de balde.

“O rueiro das liortas” é a nova montaxe escénica da compañía Elefante Elegante inspirada na comedia da arte italiana e no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. Sobre o escenario brionés, un actor e unha actriz interpretarán a múltiples personaxes co obxectivo de promover o uso do galego. Esta actividade está incluída no programa de dinamización lingüistica FalaRedes en colaboración co Concello de Brión, a Rede de Dinamización Lingüística e a Xunta de Galicia.